Desafiando á Intelixencia Artificial

 Non, non me trabuquei de título, non quería decir «o desafio da intelixencia artificial (IA)».

Leendo a editorial que enlazo no tuit do día caín en que análogamente ós «coidados perdidos» (Missed Care) concepto sobre o que xa teño escrito ; na xestión tamén a presión do sistema acada que se adique moito esforzo a actividades de «escaso valor» medido pola súa repercusión no resultado da actividade no benestar de pacientes e profesionais.

Lembrei una «tuitversación» con Enrique Castro en torno á hixiene de mans (a outra festiña de fotos e paripé do mes) na que apuntabamos a que en case nengún cálculo de «cargas de traballo» se ten en conta o tempo que hai que adicar a esta importantísima actividade.

E enlacei eso coa proposta de «cartera de servicios» no plano anual de xestión que se nos presentou ós equipos de atención primaria da GASBI e tratei de facer un cálculo do tempo que debería adicar a cumpli-los mínimos que en dita proposta se indican para o cupo de 1527 persoas ás que atendo…

MEDORA non é un aplicativo novo, xa ten as súas décadas; por iso «corre», ou mellor dito, «arrastrase» en explorer mais non é tan malo como GACELA e ten a vantaxe de enfocarse mais a como é a realidade asistencial. No tocante á agregación de datos, a «palanca» que transforma un sistema de rexistro nun sistema de información, presenta grandes carencias; por exemplo, a lista de posibles nomes para os procesos non semella seguir un estandar tipo CIE-10 ou similar.

Seguramente mais pronto que tarde dende consejería se implementará un sistema de IA para a axuda á diagnose nas probas por imaxe ou para a brinda-lo tratamento mais axeitado no cada vez mais complexo panorama da farmacoloxía «personalizable»… mais 

E si tratan de aplica-la IA ó cálculo do tempo de profesionais preciso para brinda-la atención que, segundo a evidencia dispoñible, precisan as necesidades da poboación?

Igual lles dá medo rebentar os superordenadores tratando de cadrar necesidades e cartos en entornos de «reducción da presión fiscal».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *